Biblos clube de lectores
As últimas novidades
 + Buscador BIBLOS
 
  10074 Referencias
  Buscar
PRESENTACIÓN SUBSCRICIÓNS PEDIDOS PROMOCIÓNS
+ Portada ++ Contacto ++ Ver compra +


 ¡ BENVIDO !
 + Usuario
 
 + Contrasinal
 

  

Nova revista. Biblos
Revista98

[Ver PDF]


 PRIMEIROS CAPÍTULOS
 EMMA PEDREIRA
 «As cinzas adentras»
 XAVIER FRÍAS
 O pai do artista
 HONORÉ DE BALZAC
 Eugénie Grandet
 CARLOS AMIL
 Benaventurados os que aman
 RAÚL VEIGA
 Esta noite no cinema
 LITO CARAMÉS
 E agora pasa un tren
 LOIS PEÑA NOVO
 La Mancomunidad Gallega
 IRIA LÓPEZ TEIJEIRO
 Meniña de cristal
 PABLO ROIBÁS PAINCEIRA
 O xuízo de Kaissa
 EVA VEIGA
 Desconcerto
 INMA LÓPEZ SILVA
 Non quero ser Doris Day
 SANTIAGO LOPO E NORBERTO FERNÁNDEZ
 Game over
 EVA VEIGA
 Desconcerto II
 CARLOS FREIRE CORDEIRO
 Acompañamento para fuga
 XABIER IGLESIAS
 Daniel e a Porta do Ceo
 XOSÉ CARLOS CANEIRO
 Blue Moon
 TUCHO CALVO
 Corazón entre desertos
 MANUEL LOURENZO
 Medea dos fuxidos e outras pezas
 XAVIER CASTRO
 A mesa e manteis. Historia da alimentación en Galicia
 MARICA CAMPO
 Onde houbo lume
 ELENA VEIGA RILO
 Morte en fucsia
 XOSÉ DÍAZ DÍAZ
 Fraquezas
 IRIA MORGADE VALCÁRCEL
 Verbas no ar
  + AUTORES

 Todas as referencias


 
Novas

NOVAS
 

 

Nace na Libraría Biblos de Betanzos Clube de Lectura Feminista do Colectivo Feminista das Mariñas
Un espazo de lectura e debate exclusivo para as mulleres

Ademais, As bolboretas do Mekong, Os contos da avoa Pepa, Guía de los moluscos marinos de Galicia, Violingrafía e Pessoa, persoa, persona son só algún dos libros e discos presentados nas últimas semanas na libraría Biblos de Betanzos. Por alí pasou o investigador independente Juan E. Trigo quen debullou unha manchea de detalles de moito interese sobre como se xestou a Guía de los moluscos marinos de Galicia, a magna obra da malacoloxía que recolle información de 620 das 900 especies rexistradas en Galicia. Os cubanos Eduardo Coma (violín) e Raymond Arteaga (viola) presentaron temas do novo disco de Eduardo Coma, intérprete principal de Violingrafía.
Fixemos unha viaxe poética e tamén en imaxes polas cicatrices do Vietnam e da Camboxa actuais da man de Cesáreo Sánchez Iglesias, na presentación de As bolboretas do Mekong (Xerais 2018). Falamos da tradición oral e da importancia de poñer en valor as historias que nos transmiten os nosos maiores ao fío da presentación do libro de Francisco X. Fernández Naval Os contos da avoa Pepa, publicado por Kalandraka, representada nesta ocasión por Paz Castro, responsable de comunicación.
Gabriela González López e Claudio Méndez, ambos arxentinos de ascendencia galega, encheron de saudade a libraría poñendo voz e música a poetas galaicos e portugueses. Estiveron de novo canda nós para presentar o seu CD Pessoa, persoa, persona con aromas de fados e sons do Río da Prata grazas a instrumentos como o bandoneón, o piano, o cello e a guitarra portuguesa.


VOLVER SUBIR
BIBLOS clube de lectores | CONTACTO | TEXTO LEGAL