Biblos clube de lectores
Os libros dispoñibles de María Victoria Moreno
 + Buscador BIBLOS
 
  9315 Referencias
  Buscar
PRESENTACIÓN SUBSCRICIÓNS PEDIDOS PROMOCIÓNS
+ Portada ++ Contacto ++ Ver compra +


 ¡ BENVIDO !
 + Usuario
 
 + Contrasinal
 

  

Nova revista. Biblos
Revista89

[Ver PDF]


 PRIMEIROS CAPÍTULOS
 EMMA PEDREIRA
 «As cinzas adentras»
 XAVIER FRÍAS
 O pai do artista
 HONORÉ DE BALZAC
 Eugénie Grandet
 CARLOS AMIL
 Benaventurados os que aman
 RAÚL VEIGA
 Esta noite no cinema
 LITO CARAMÉS
 E agora pasa un tren
 LOIS PEÑA NOVO
 La Mancomunidad Gallega
 IRIA LÓPEZ TEIJEIRO
 Meniña de cristal
 PABLO ROIBÁS PAINCEIRA
 O xuízo de Kaissa
 EVA VEIGA
 Desconcerto
 INMA LÓPEZ SILVA
 Non quero ser Doris Day
 SANTIAGO LOPO E NORBERTO FERNÁNDEZ
 Game over
 EVA VEIGA
 Desconcerto II
 CARLOS FREIRE CORDEIRO
 Acompañamento para fuga
 XABIER IGLESIAS
 Daniel e a Porta do Ceo
 XOSÉ CARLOS CANEIRO
 Blue Moon
 TUCHO CALVO
 Corazón entre desertos
 MANUEL LOURENZO
 Medea dos fuxidos e outras pezas
 XAVIER CASTRO
 A mesa e manteis. Historia da alimentación en Galicia
 MARICA CAMPO
 Onde houbo lume
 ELENA VEIGA RILO
 Morte en fucsia
 XOSÉ DÍAZ DÍAZ
 Fraquezas
 IRIA MORGADE VALCÁRCEL
 Verbas no ar
  + AUTORES

 Todas as referencias


 
Novas

NOVAS
 

 

Di que partiu dun feito que lle contou Pepe Coira e que o resto é o pano esfiañado da súa vida

A revista Biblos fala con Xabier P. DoCampo da súa última novela, A nena do abrigo de astracán


_Cal é o mundo real ou as coordenadas que desde a creación evocan a vila, os acontecementos e os personaxes que aparecen na novela?
_Eu inventei unha pequena vila para situar a acción, Ribadaínsua, que, á súa vez, está construída con anacos das tres vilas da miña infancia, pero que en ningún caso as retrata. Ribadaínsua parécese a todas, pero non é ningunha. É unha viliña pequena, pero que funciona como un microcosmos pechado, todo sucede nela porque ela é o mundo enteiro, por iso a voz narradora é a propia vila. Nese mundo viven e morren os personaxes, sen máis comunicación co exterior que aquela que de forma xerárquica lles chega da Capital.
Toda a novela sucede no breve período que vai desde o outono de 1947 até os primeiros días de abril de 1948. Un pequeno bocado de tempo no que rebentan de súpeto uns feitos nacidos do ventre do mal. Daquel que nos anos anteriores fora aniñando pouco e pouco nos corazóns dos habitantes de Ribadaínsua.


VOLVER SUBIR
BIBLOS clube de lectores | CONTACTO | TEXTO LEGAL