Biblos clube de lectores
Os agasallos do Nadal
 + Buscador BIBLOS
 
  10337 Referencias
  Buscar
PRESENTACIÓN SUBSCRICIÓNS PEDIDOS PROMOCIÓNS
+ Portada ++ Contacto ++ Ver compra +


 ¡ BENVIDO !
 + Usuario
 
 + Contrasinal
 

  

Nova revista. Biblos
Revista101

[Ver PDF]


 PRIMEIROS CAPÍTULOS
 EMMA PEDREIRA
 «As cinzas adentras»
 XAVIER FRÍAS
 O pai do artista
 HONORÉ DE BALZAC
 Eugénie Grandet
 CARLOS AMIL
 Benaventurados os que aman
 RAÚL VEIGA
 Esta noite no cinema
 LITO CARAMÉS
 E agora pasa un tren
 LOIS PEÑA NOVO
 La Mancomunidad Gallega
 IRIA LÓPEZ TEIJEIRO
 Meniña de cristal
 PABLO ROIBÁS PAINCEIRA
 O xuízo de Kaissa
 EVA VEIGA
 Desconcerto
 INMA LÓPEZ SILVA
 Non quero ser Doris Day
 SANTIAGO LOPO E NORBERTO FERNÁNDEZ
 Game over
 EVA VEIGA
 Desconcerto II
 CARLOS FREIRE CORDEIRO
 Acompañamento para fuga
 XABIER IGLESIAS
 Daniel e a Porta do Ceo
 XOSÉ CARLOS CANEIRO
 Blue Moon
 TUCHO CALVO
 Corazón entre desertos
 MANUEL LOURENZO
 Medea dos fuxidos e outras pezas
 XAVIER CASTRO
 A mesa e manteis. Historia da alimentación en Galicia
 MARICA CAMPO
 Onde houbo lume
 ELENA VEIGA RILO
 Morte en fucsia
 XOSÉ DÍAZ DÍAZ
 Fraquezas
 IRIA MORGADE VALCÁRCEL
 Verbas no ar
  + AUTORES

 Todas as referencias


 
Novas

NOVAS
 

 

Coa colaboración de Xabier P. DoCampo como titor

Iria Morgade Valcárcel traballa para fin de ano na novela Verbas no ar, gañadora do Premio Biblos-Pazos de Galicia


Iria Morgade Valcárcel, unha moza de Poio (Pontevedra) de 23 anos que vén de licenciarse en Políticas en Madrid, foi a gañadora do 7º Premio Biblos-Pazos de Galicia que se fallou o 22 de xullo do 2011 no transcurso da tradicional cea que reúne cada ano na Casa Grande do Bachao (a quince quilómetros de Compostela) a máis dun cento de persoas relacionadas co mundo da cultura e do sector turístico galegos.
O premio achégalle á gañadora unha escultura de Luís Loureira titulada A peneira dos soños, un ordenador portátil, a estancia ao longo do mes de outubro na Casa Grande do Bachao para ultimar a súa novela e a edición da obra en galego e castelán antes de rematar o ano.
A novela Verbas no ar, da que é autora Iria Morgade Valcárcel, resultou gañadora por unanimidade ao considerala o xurado unha obra «actual e oportuna que procura relacionar as revoltas nos países do norte de África coa actitude de descontento e protesta da xuventude protagonista dos movementos que estamos a contemplar no noso entorno».
Para o xurado, integrado por Xabier P. DoCampo, Elena Veiga e Tucho Calvo, «a obra está escrita cunha vocación de estilo que acode a unha linguaxe directa, construída cunha disposición do texto baseada nas frases curtas e nos parágrafos de pouca extensión, que procuran máis a suxestión ca descrición. Seguindo un estilo case propio do panfleto, por agresivo, mesmo incendiario, Iria Morgade sabe o que fai disparando verbas ao ar». Segundo o fallo, Verbas no ar «amosa o texto que as florituras non son necesarias para que nos desgarre, abríndonos os ollos ante un mundo en conflito a golpe de linguaxe tweet. E a autora sabe tamén que son tempos de combate, de manifestarse contra a inxustiza, como ela o fai a través das palabras dun Ayat que sufre lonxe pero que o sentimos preto grazas a ese certo ton de crónica que impregna a novela».
Verbas no ar, engade, «zóupanos con imaxes duras, facéndonos partícipes á forza dunha novela real. Percíbese tamén a tentativa da autora da incitación á loita, filosofando sen cortapisas, e instigándonos a filosofar a nós tamén. Así, o sabor agridoce que nos deixa a súa lectura é un dano colateral necesario, como moitos dos que sufren os personaxes. E, á fin e ao cabo, estes danlle voz a un manifesto que debera ser universal…».


VOLVER SUBIR
BIBLOS clube de lectores | CONTACTO | TEXTO LEGAL