“O Reino medieval de Galicia”, de Xosé Miguel Andrade Cernadas e Anselmo López Carreira

O primeiro gran mérito que lle concedo a “O Reino medieval de Galicia. Crónica dunha desmemoria” (Xerais) de Xosé Miguel Andrade Cernadas e Anselmo López Carreira é a honesta independencia que adoptan como historiadores para achegarse a un tema que de partida parece colocarnos diante dun campo de batalla para ideoloxías nacionalistas encontradas. E, alén diso, o logro non menor dunha exposición clara e dunha investigación rigurosa que nos achegan unha sorprendente información sobre a nosa historia e a doutros pobos da península con claras repercusión aquí e agora. Finalmente, a obra ábrenos a visión a elementos que poden axudarnos a comprender non poucas circunstancias do mundo actual máis aló do noso país.

Compártelo en las redes

Deixa un comentario