Biblos. Clube de Lectores

POLÍTICA DE PRIVACIDADE ADOPTADA

Identidade

Biblos Clube de Lectores (en adiante Biblos), con enderezo social en Quintá 8, Mandaio-Cesuras,15391 de A Coruña, España, está provista do CIF número B15869944 e inscrita no Rexistro Mercantil de A Coruña, Tomo, Libro, Folio, da Sección de Limitadas, Folla, e mediante este aviso informa aos usuarios sobre a súa Política de Protección de Datos de Carácter Persoal, conforme a lexislación vixente nesta materia. Biblos resérvase o dereito a modificar a presente política á súa discreción.

Os ficheiros declarados ante a Axencia de Protección de Datos son Titularidade e responsabilidade de Biblos.

Tratamento dos datos

BIBLOS garante a seguridade e confidencialidade en todas as súas comunicacións cos seus clientes.

Todas as operacións de pago on-line realizanse mediante un servidor seguro, baseado  no estándar SSL, que protexe os datos fronte a intentos de violación por terceiros. Os datos do proceso de compra gáardanse nunha base de datos deseñada para tal efecto.

Biblos garante a protección e confidencialidade dos datos persoais, de pago e de calquera outro tipo que nos proporcionen os nosos clientes de acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal.

Todos os datos facilitados polos nosos clientes a Biblos ou aos seus empregados, serán incluídos nun ficheiro de datos de carácter persoal creado e mantido baixo a responsabilidade de Biblos, coa finalidade de tramitar os pedidos de forma satisfatoria así como de atender aos seus subscritores.

O cumprimento do disposto no Art. 5 do mesmo precepto legal, os clientes de Biblos poden, en todo momento, exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre os seus datos persoais comunicando por escrito o enderezo arriba indicado.

No caso de que os datos suministrados estean asociados a unha compra, a lexislación española obríganos a mantelos como mínimo durante cinco anos, polo que non se poderán borrar nin rectificar, aínda que si bloquear (cancelar), a pesar de que o cliente así o solicite.

Biblos adoptou os niveis de seguridade de protección de datos persoais legalmente requiridos e procura instalar outros medios e medidas técnicas de protección adicionais. Non obstante, o usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnables.