Ailá é un dos representantes das novas Tribus Tradis galegas, un xénero que transcende do musical no que a danza e a música pasan a ser unha maneira de entender a vida, de estar no mundo. En “Sansolimón” achega un repertorio pensado para cantar e bailar cunha música que ofrece protección contra un mundo cada vez máis individualista e homoxéneo.
Un universo Folk ( ou TRADI, como prefiren nomealo) , con impecables arranxos da man de catro músicos que lle dan un carácter único: Ángela Carou ( voz e percusión), Manuele Pardo (voz, percusión e gaita), Abel Gañete (fliscorno e trompeta) e Xan Pampín (acordeón e bombo).
Sansolimón./ Ailá
Sé el primero en valorar “Sansolimón./ Ailá” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.