Biblos clube de lectores
Dezaseis anos despois
 + Buscador BIBLOS
 
  10161 Referencias
  Buscar
PRESENTACIÓN SUBSCRICIÓNS PEDIDOS PROMOCIÓNS
+ Portada ++ Contacto ++ Ver compra +


 ¡ BENVIDO !
 + Usuario
 
 + Contrasinal
 

  

Nova revista. Biblos
Revista99

[Ver PDF]


 PRIMEIROS CAPÍTULOS
 EMMA PEDREIRA
 «As cinzas adentras»
 XAVIER FRÍAS
 O pai do artista
 HONORÉ DE BALZAC
 Eugénie Grandet
 CARLOS AMIL
 Benaventurados os que aman
 RAÚL VEIGA
 Esta noite no cinema
 LITO CARAMÉS
 E agora pasa un tren
 LOIS PEÑA NOVO
 La Mancomunidad Gallega
 IRIA LÓPEZ TEIJEIRO
 Meniña de cristal
 PABLO ROIBÁS PAINCEIRA
 O xuízo de Kaissa
 EVA VEIGA
 Desconcerto
 INMA LÓPEZ SILVA
 Non quero ser Doris Day
 SANTIAGO LOPO E NORBERTO FERNÁNDEZ
 Game over
 EVA VEIGA
 Desconcerto II
 CARLOS FREIRE CORDEIRO
 Acompañamento para fuga
 XABIER IGLESIAS
 Daniel e a Porta do Ceo
 XOSÉ CARLOS CANEIRO
 Blue Moon
 TUCHO CALVO
 Corazón entre desertos
 MANUEL LOURENZO
 Medea dos fuxidos e outras pezas
 XAVIER CASTRO
 A mesa e manteis. Historia da alimentación en Galicia
 MARICA CAMPO
 Onde houbo lume
 ELENA VEIGA RILO
 Morte en fucsia
 XOSÉ DÍAZ DÍAZ
 Fraquezas
 IRIA MORGADE VALCÁRCEL
 Verbas no ar
  + AUTORES
 
Entrevista

Artigo. Manuel Roca Cendón
«Admirable... oportuno e patriótico», en palabras de Antón Villar Ponte

Artigo 

Cando se cumpren os primeiros 25 anos da aprobación do actual Estatuto de Autonomía de Galicia, Biblos recupera unha obra básica do pensamento nacionalista, La Mancomunidad Gallega (1921) de Lois Peña Novo, con prólogo de Justo Beramendi.

Lois Peña Novo publicou en 1921 La Mancomunidad Gallega, libro premiado no Primeiro Concurso sobre temas interesantes para Galicia convocado pola revista de Mondariz, e cualificado de «admirable... oportuno e patriótico» por Antón Villar Ponte na portada de “A Nosa Terra” en novembro de 1921.
Nesta obra, que Baldomero Cores Trasmonte cualificou como unha das fundamentais da «biblioteca política» galeguista e «decisiva para marcar o interese do nacionalismo galego por este tipo de organización administrativa e cuasi-política», Peña Novo realizou unha análise integral da problemática política, económica e administrativa que suporía o establecemento dunha Mancomunidade en Galicia.
Para situar esta obra no seu contorno histórico, cómpre lembrar que desde 1914 estaba funcionando a Mancomunidade Catalá e que os nacionalistas galegos decidiran na II Asemblea (Compostela, 1919) apoiaren a constitución da Mancomunidade, como un primeiro paso na andaina da autonomía que tiñan por obxectivo desde que na I Asemblea Nacionalista (Lugo, 1918) aprobaran conquerire do Goberno da súa Maxestade El Rey a autonomía integral da nazón galega....
Déixao ben claro o autor no primeiro capítulo do libro, no que explicita o posibilitismo táctico que supón o piar mancomunitario para rebordar dentro da legalidade o marco provincial na estruturación territorial galega, coa ollada ao lonxe posta no edificio dunha autonomía integral por entón aínda non posible, que debeu esperar á década seguinte para que a II República lle abrise a porta... e os golpistas do 36 llas volvesen pechar.

 

VOLVER SUBIR

BIBLOS clube de lectores | CONTACTO | TEXTO LEGAL