Biblos clube de lectores
Os libros dispoñibles de María Victoria Moreno
 + Buscador BIBLOS
 
  9387 Referencias
  Buscar
PRESENTACIÓN SUBSCRICIÓNS PEDIDOS PROMOCIÓNS
+ Portada ++ Contacto ++ Ver compra +


 ¡ BENVIDO !
 + Usuario
 
 + Contrasinal
 

  

Nova revista. Biblos
Revista90

[Ver PDF]


 PRIMEIROS CAPÍTULOS
 EMMA PEDREIRA
 «As cinzas adentras»
 XAVIER FRÍAS
 O pai do artista
 HONORÉ DE BALZAC
 Eugénie Grandet
 CARLOS AMIL
 Benaventurados os que aman
 RAÚL VEIGA
 Esta noite no cinema
 LITO CARAMÉS
 E agora pasa un tren
 LOIS PEÑA NOVO
 La Mancomunidad Gallega
 IRIA LÓPEZ TEIJEIRO
 Meniña de cristal
 PABLO ROIBÁS PAINCEIRA
 O xuízo de Kaissa
 EVA VEIGA
 Desconcerto
 INMA LÓPEZ SILVA
 Non quero ser Doris Day
 SANTIAGO LOPO E NORBERTO FERNÁNDEZ
 Game over
 EVA VEIGA
 Desconcerto II
 CARLOS FREIRE CORDEIRO
 Acompañamento para fuga
 XABIER IGLESIAS
 Daniel e a Porta do Ceo
 XOSÉ CARLOS CANEIRO
 Blue Moon
 TUCHO CALVO
 Corazón entre desertos
 MANUEL LOURENZO
 Medea dos fuxidos e outras pezas
 XAVIER CASTRO
 A mesa e manteis. Historia da alimentación en Galicia
 MARICA CAMPO
 Onde houbo lume
 ELENA VEIGA RILO
 Morte en fucsia
 XOSÉ DÍAZ DÍAZ
 Fraquezas
 IRIA MORGADE VALCÁRCEL
 Verbas no ar
  + AUTORES
 COLECCIÓN MANDAIO
+ Primeiros Capítulos +

 
Capítulos da colección Mandaio

Enma Pedreira
«As cinzas adentras»

CAPÍTULO 1



Xela sempre andou crebando pólas coas mans tentando gabear ás árbores
máis vellas. Foi polo que escordou tantas veces os dedos ou os pés, nun
ou outro dos momentos en que o facía, e fora daquel xeito que lle
quedara o nocello finchado que non sandou e lle deixou tolleita desde
ben nova. Mesmo cando eu a levaba dentro, no meu empreño, Xela semellaba
agatuñarme tripas arriba e eu afogaba de xeito que se me facía a min que
a filla me ía arrincar cara ao mundo pola gorxa adiante.
Xela sempre bulía cara a arriba. A comuñón quixo facela no alto dunha
árbore, porque de comer carne de Dios xa se fartaría ela subindo a
trabarlle, e isto foi o que nos dixo a seu pai e a min desde a cerdeira,
pouco antes da misa, arrandeando as pernas despidas dacabalo das pólas,
e lambendo aquela medalla que para ela só tiña o valor de metal dourado
e non o do sagrado.
Agora quérenma matar. Quérenma abrir en canle para arrincarlle non sei
qué desgracia que lle aniñou por dentro, e que disque hai xente que lla
viu entrar aquel día que subiu a unha árbore por baixo da que pasou un
cadaleito cargado de corpo. Fora aquel aire que despegou do peito do
home aquel do caixón –Faustino que diololeve– e se aferrou a ela, aos
brazos dela, ás súas bragas, que a asustou tanto que non nolo contou
sequera ao chegar á casa, que un home morto atravesara a madeira da
caixa e subira canda ela bulindo sen tocar a árbore para agatuñar e lle
dixo non deixes que morra non deixes que me leven. Miña pobre, que ese
día había anos e veu para a casa toda mexada, e con rabuñazos que non
dabamos en explicar.
Agora queren queimar á miña Xela por ver se abre a boca e de embaixo da
lingua lle sae ese condenado vello que se lle arremeteu nos adentros e
lle comeu as entrañas para endiañala. Isto fixo que a pobre non puidese
pasar alimento algún até que a levamos por consello dos frades á ermida
da Subida, para pasar por embaixo da pedra furada, e alí botou para fóra
un caldiño mesto moi azul cheo de pelos e plumas e que semelleba que
andara comendo gatos e polos enteiros. E disque ma queren prender e
levala para os cuarteis da garda civil, para a cidade, que Xela nunca
puido pasar alén do convento. Xa vexo que ma levan e que ela vai facendo
ese ruído de can que bota polas noites. Se cadra ma matan dun tiro
pensando que é un can ás escuras...
Quérenma prender tamén os curas para que limpe as paredes da Igrexa e
que deste xeito apañe os cartos cos que pagar os Evanxeos que queimou no
adro este pasado día de defuntos en que non andaches por aquí.
Pola memoria de teu pai e mais de Amparo que diolosgarde, vén á casa e
fai rezos pola irmá que che queda.
Á túa nai xa non hai quen a salve por parir fillas meigas.














VOLVER SUBIR
SOCIOS
+Descontos para socios
Biblos firma con AC Hotels un acordo
OFERTA
O perfecto agasallo de Nadal
Colección Mandaio
So por 11,40 € cada exemplar.
11.40 €
INFANTIL
FANNY JOLY E JEAN-NOËL ROCHUT e NICK BUTTERWORTHs.
24.90 €
MANDAIO
NOVIDADES
NATUREZA
PENAS PATIÑO, CARLOS PEDREIRA E CARLOS SILVAR
48.00 €
BIBLOS clube de lectores | CONTACTO | TEXTO LEGAL