Biblos clube de lectores
Os libros dispoñibles de María Victoria Moreno
 + Buscador BIBLOS
 
  9315 Referencias
  Buscar
PRESENTACIÓN SUBSCRICIÓNS PEDIDOS PROMOCIÓNS
+ Portada ++ Contacto ++ Ver compra +


 ¡ BENVIDO !
 + Usuario
 
 + Contrasinal
 

  

Nova revista. Biblos
Revista89

[Ver PDF]


 PRIMEIROS CAPÍTULOS
 EMMA PEDREIRA
 «As cinzas adentras»
 XAVIER FRÍAS
 O pai do artista
 HONORÉ DE BALZAC
 Eugénie Grandet
 CARLOS AMIL
 Benaventurados os que aman
 RAÚL VEIGA
 Esta noite no cinema
 LITO CARAMÉS
 E agora pasa un tren
 LOIS PEÑA NOVO
 La Mancomunidad Gallega
 IRIA LÓPEZ TEIJEIRO
 Meniña de cristal
 PABLO ROIBÁS PAINCEIRA
 O xuízo de Kaissa
 EVA VEIGA
 Desconcerto
 INMA LÓPEZ SILVA
 Non quero ser Doris Day
 SANTIAGO LOPO E NORBERTO FERNÁNDEZ
 Game over
 EVA VEIGA
 Desconcerto II
 CARLOS FREIRE CORDEIRO
 Acompañamento para fuga
 XABIER IGLESIAS
 Daniel e a Porta do Ceo
 XOSÉ CARLOS CANEIRO
 Blue Moon
 TUCHO CALVO
 Corazón entre desertos
 MANUEL LOURENZO
 Medea dos fuxidos e outras pezas
 XAVIER CASTRO
 A mesa e manteis. Historia da alimentación en Galicia
 MARICA CAMPO
 Onde houbo lume
 ELENA VEIGA RILO
 Morte en fucsia
 XOSÉ DÍAZ DÍAZ
 Fraquezas
 IRIA MORGADE VALCÁRCEL
 Verbas no ar
  + AUTORES

 Todas as referencias
 
Identificación

XOSÉ DÍAZ DÍAZ | Fraquezas | Relato
Fraquezas

Nakuiama saíu á area. Queceu os brazos, logo meteuse de hostias ao dereito da cara, nos sobrazos e no peito. Era un esaxerado, un sumotori histriónico. Colleu unha presada de sal e ritualmente ciscouna darredor. Logo recolocou o mae-tate-mitsu, xa que lle beliscaba na bolsa dun collón. Nakuiama calibraba os 203 quilogramos. Era, entre os sumotoris, o máis global. O seu bandullo adestrado no haragei («alma no estómago») baixáballe o centro de gravidade e proporcionáballe unha excepcional estabilidade. Tocou o seu atado chon-mage e fretou as mans; Nakuiama estaba listo.
Nakuiama fora, anos atrás, o sumotori máis principal e gañador dos torneos. Era malo de sacar do dohio: afincaba de pés e puños como espetos e quedaba ancorado. Presumía de adiviñar na ollada do contrincante, no momento do shikiri-naoshi, se este ía arrincar por hataki-komi, ketaguri ou por ashi-tori. El, dicían, estaba imantado á terra. Cando pisaba na area, afundíanselle os pés nela ata moi adentro da cortiza terrestre. Quen o daría movido na embestida! Nakuiama nunca iniciaba o ataque; sempre permitía arrincar ao contrincante. Mantíñase firme como un esteo e deixaba que o rival perdese o punto de apoio. Aos seus ollos, os sumotoris cos que se enfrontaba caían eles sós un atrás do outro, nunha morea de sumotoris derrotados tan alta coma o edificio da Bolsa Nikei.
Fixera publicidade gubernamental. Ante o aumento de bandas organizadas de adolescentes, el aparecía como exemplo do que un mozo xaponés debía facer, entregado ao deporte ou ao estudo, ou a ambas. Grazas a aquilo granxeárase un bo número de inimigos entre os membros da hampa de Tokio centro. Os anuncios nos medios suscitaran un repudio xeral ás actividades da mafia. Moitos dos seus membros deran cos ósos na cadea; grazas a Nakuiama, a xente perdéralle o medo ás delacións.
Pero Nakuiama sabíase ameazado. Co sixilo das sombras poderían asaltar a súa mansión en calquera momento e asasinalo. Ou ben enviarlle por correo postal un cadáver cunha nota cravada entre os ollos citándoo para tal día a tal hora en tal lugar.
Así ocorreu. Enviáronlle o cadáver do presentador de televisión Nikitama Kim.
O sábado anterior, Nakuiama seguira o famoso concurso televisivo de Nikitama Kim ata que quedou durmido no sofá.
Nakuiama tivo diante súa o cadáver do presentador o luns a primeira hora.
Citábano na praia de Kisarazu. A nota que levaba o cadáver espetada nun ollo esixía que fora só xa que era tan guerreiro; a ver se é que sabía loitar fóra dun dohio. Coñecía aquela praia, tiña tomado o sol alí durante varios veráns da infancia e adolescencia. Acudiu á cita. Saíu á area de Kisarazu e repetiu o cerimonial dos seus célebres combates.
Pasara algunhas das tardes máis felices da súa vida naquela praia, observando de esguello os corpos xuvenís das rapazas do seu grupo. Agora que se preparaba para a loita, lembrábaos con plenitude de detalles. Agora, diante de cinco matóns a soldo que o agardaban, quixo regresar a aqueles anos. Quixo estar en Kisarazu no verán do 73.
Con Hiromi entre os seus brazos.
Comezou a loita. Levan dende entón, cos seus días e noites, sete anos sete pelexando na praia de Kisarazu. Os máis vellos de Kisarazu, case tan vellos coma os de Okinawa, saben que aquela loita non vai rematar xamais.

VOLVER SUBIR
BIBLOS clube de lectores | CONTACTO | TEXTO LEGAL