Biblos clube de lectores
Os libros dispoñibles de María Victoria Moreno
 + Buscador BIBLOS
 
  9315 Referencias
  Buscar
PRESENTACIÓN SUBSCRICIÓNS PEDIDOS PROMOCIÓNS
+ Portada ++ Contacto ++ Ver compra +


 ¡ BENVIDO !
 + Usuario
 
 + Contrasinal
 

  

Nova revista. Biblos
Revista89

[Ver PDF]


 PRIMEIROS CAPÍTULOS
 EMMA PEDREIRA
 «As cinzas adentras»
 XAVIER FRÍAS
 O pai do artista
 HONORÉ DE BALZAC
 Eugénie Grandet
 CARLOS AMIL
 Benaventurados os que aman
 RAÚL VEIGA
 Esta noite no cinema
 LITO CARAMÉS
 E agora pasa un tren
 LOIS PEÑA NOVO
 La Mancomunidad Gallega
 IRIA LÓPEZ TEIJEIRO
 Meniña de cristal
 PABLO ROIBÁS PAINCEIRA
 O xuízo de Kaissa
 EVA VEIGA
 Desconcerto
 INMA LÓPEZ SILVA
 Non quero ser Doris Day
 SANTIAGO LOPO E NORBERTO FERNÁNDEZ
 Game over
 EVA VEIGA
 Desconcerto II
 CARLOS FREIRE CORDEIRO
 Acompañamento para fuga
 XABIER IGLESIAS
 Daniel e a Porta do Ceo
 XOSÉ CARLOS CANEIRO
 Blue Moon
 TUCHO CALVO
 Corazón entre desertos
 MANUEL LOURENZO
 Medea dos fuxidos e outras pezas
 XAVIER CASTRO
 A mesa e manteis. Historia da alimentación en Galicia
 MARICA CAMPO
 Onde houbo lume
 ELENA VEIGA RILO
 Morte en fucsia
 XOSÉ DÍAZ DÍAZ
 Fraquezas
 IRIA MORGADE VALCÁRCEL
 Verbas no ar
  + AUTORES

 Todas as referencias
 
Identificación

XABIER IGLESIAS | Daniel e a Porta do Ceo | Capítulo 1
Daniel e a Porta do Ceo

Despois de navegar seis días orientándose baixo o sol e as estrelas, os primeiros restos da costa aboiando nas augas romperon a monotonía do mar. Daniel preferiu agardar a aparición dalgún novo sinal antes de informar a Breto, pero agora sabía que o cego dixera a verdade: diante deles, agochada na borraxeira, estaba a illa verde; un lugar do que tiña sentido falar tanto nos últimos meses, que xa pensaba nel como na súa casa.
Escollendo como referencia o punto máis claro sobre a liña do horizonte, afirmou as mans arredor da cana do temón e endereitou o rumbo. A nave cabeceou escorada a babor e o patrón cazou con rapidez as escotas para velear de bolina, ofrecendo o flanco contra as ondas que zarrapicaban de auga a vela de coiro e os corpos dos tripulantes. A brisa salgada despexouno. Sentía os músculos entalados baixo a humidade branca do salitre, desacougado, en parte polo cansanzo e tamén por medo a non atopar novas evidencias da costa.
Daniel musgou os ollos para buscar entre os vultos o corpo deitado de Breto, engruñado na proa como un mendigo morto. Alleo á realidade, o cego miraba o mundo con ollos pasmados de neno. Nin sequera o humedén frío do mar, capaz de licuar metais e madeiras, conseguía sacalo do ensimesmamento. Despois de deixar Britonia, durante as interminables xornadas no mar, non fixera outra cousa como non fose acariñar o cabelo roxo da neta, encinta do novo Breto, resignado a deixar fuxir os días soñando co tempo luminoso da infancia; co pai morto antes de cruzar o mar; co pobo bretón, desaparecido, esquecido por todos: centos de persoas e cousas desbaratadas, incapaz de saber onde terminan os soños e comeza a realidade.
A felicidade é fuxidía; a dor, en cambio, permanece. Só de cando en vez acordaba para calmar os pesadelos da neta dándolle a calor do seu corpo. Sen embargo, os escasos parénteses de lucidez duraban pouco e a maior parte do tempo pasábana deitados, un nos brazos do outro, sempre baixo a esculca insomne de Daniel.
A estrela do norte escintilou breve entre as nubes sobre a amura de babor. As vagadas lentas e continuas chegaban cargadas da ardora sobrenatural das noites sen lúa. Daniel empurrou o remo á ceavoga, coa cachaza dos mariñeiros experimentados, e o vimbio do casco renxeu na balaxe como un ser de madeira viva.
—Todo o que non é pedra é mar. Eu escollín amar as pedras como outros elixiron as augas.
Afirmou Mateu ao despedilo.
—Non vexo a diferenza –respondeulle Daniel–. Ambas son camiños dos homes.

VOLVER SUBIR
BIBLOS clube de lectores | CONTACTO | TEXTO LEGAL