Biblos clube de lectores
Os libros dispoñibles de María Victoria Moreno
 + Buscador BIBLOS
 
  9315 Referencias
  Buscar
PRESENTACIÓN SUBSCRICIÓNS PEDIDOS PROMOCIÓNS
+ Portada ++ Contacto ++ Ver compra +


 ¡ BENVIDO !
 + Usuario
 
 + Contrasinal
 

  

Nova revista. Biblos
Revista89

[Ver PDF]


 PRIMEIROS CAPÍTULOS
 EMMA PEDREIRA
 «As cinzas adentras»
 XAVIER FRÍAS
 O pai do artista
 HONORÉ DE BALZAC
 Eugénie Grandet
 CARLOS AMIL
 Benaventurados os que aman
 RAÚL VEIGA
 Esta noite no cinema
 LITO CARAMÉS
 E agora pasa un tren
 LOIS PEÑA NOVO
 La Mancomunidad Gallega
 IRIA LÓPEZ TEIJEIRO
 Meniña de cristal
 PABLO ROIBÁS PAINCEIRA
 O xuízo de Kaissa
 EVA VEIGA
 Desconcerto
 INMA LÓPEZ SILVA
 Non quero ser Doris Day
 SANTIAGO LOPO E NORBERTO FERNÁNDEZ
 Game over
 EVA VEIGA
 Desconcerto II
 CARLOS FREIRE CORDEIRO
 Acompañamento para fuga
 XABIER IGLESIAS
 Daniel e a Porta do Ceo
 XOSÉ CARLOS CANEIRO
 Blue Moon
 TUCHO CALVO
 Corazón entre desertos
 MANUEL LOURENZO
 Medea dos fuxidos e outras pezas
 XAVIER CASTRO
 A mesa e manteis. Historia da alimentación en Galicia
 MARICA CAMPO
 Onde houbo lume
 ELENA VEIGA RILO
 Morte en fucsia
 XOSÉ DÍAZ DÍAZ
 Fraquezas
 IRIA MORGADE VALCÁRCEL
 Verbas no ar
  + AUTORES

 Todas as referencias
 
Identificación

CARLOS FREIRE CORDEIRO | Acompañamento para fuga | Capítulo 1
Acompañamento para fuga

Os tres primeiros minutos da humanidade

Como chovera sen parar durante toda a noite, o ar inmóbil e mal ventilado dos túneles recendía a terra mollada, balor e unha mestura de madeira podrecida e refugos de peixe. Na escuridade das galerías, nos recunchos lentos das cámaras, fermentada por unha quentura doce, retida pola intimidade do abrente, a multitude. Achéganse uns aos outros para conservar os derradeiros remois de calor, sabedores de que xa lumbriga por riba dos cómaros antes de que un só raio de luz penetre no agocho. A axitación crece cun movemento envolvente sen espallarse polos túneles, á espera de que todos estean dispostos. Cando a turba esperta, rebule sen descanso; sempre ten algo que facer, algún sitio onde ir fóra da caverna. Mais sempre regresa ao lume, á vida. Alí están todos xuntos, comendo das mondas, dos ósos calcinados, do que haxa, pouco lles importa; o primordial é permaneceren unidos, formando parte dunha mesma caste e dun mesmo nome.
De súpeto, un apremado aviso difúndese polos fosos e cámaras de xeito ameazador. Alarma! Alarma! Alarma! Alarma! Estase producindo un ataque!
Cada un sabe o que ten que facer e corre cara a fóra levado polo arrouto que se produce. Todos queren saír a loitar canto antes, e estrúllanse e písanse sen ningún tipo de contemplacións. Malia que o ataque non fixo máis que comezar, na entrada da caverna impera o caos. Por cada un que sae das profundidades, alí hai tres ou catro contendentes dispostos a botárselle enriba. É unha matanza. Porén, a forza de coraxe, os que sofren o asedio mantéñense firmes e rexeitan a primeira arremetida sen romper en ningún momento a formación. A entrada da caverna volve quedar despexada.
A avanzada máis importante do inimigo está disposta a moi pouca distancia, nun espazo reducido entre dous outeiros e cun regato de auga detrás. Dende alí inician novas escaramuzas buscando provocar unha batalla campal en toda regra. Un grupo de combatentes xorde da caverna e progresa polo terreo que media entre ámbalas dúas formacións. Rexamente, en filas apertadas, cargan contra o inimigo abrindo unha fenda decisiva na primeira das súas liñas. Bátense coma posesos, dun xeito extraordinario. A contenda é nun principio indecisa, pero os asaltantes conseguen caer sobre a retagarda do grupo defensor cun movemento envolvente, aniquilándoo sen dificultade.
Con todo a favor para os atacantes, sae da caverna unha nova columna de contendentes moito máis nutrida ca a anterior. Os cadáveres espallados polo campo de batalla e o esgrevio do terreo impídenlles avanzar con axilidade. Aínda así, fan unha incursión de xeito case frontal e a bo paso, dispoñéndose en orde de combate para chocar de novo, desta vez polos flancos. O empuxe do asalto obriga aos inimigos a repregarse, pero como estes conservan intacto o seu valor, seguen asestando golpes a eito, mutilando, fendendo e escabezando os defensores. As forzas volven estar parellas. Mais é por pouco tempo, xa que os da caverna pelexan agora cunha maior eficacia. Dispoñendo o ataque en dúas vangardas e facendo que cada unha delas asegure a posición da outra, conseguen que a loita sexa máis encarnizada. Os poucos dos seus inimigos que quedan en pé loitan ata a morte, pois xa non poden retirarse nin salvarse. Finalmente, o combate remata nun pequeno tumulto, co bando da caverna pechando filas nun perímetro cada vez máis curto ao redor da entrada. Volven estar todos dentro.
Entón, o home que seguira o avance da contenda enriba dunha laxe salta a terra e corre cara ao seu agocho baixo o monte. Reúne a todos na sala dos bisontes e dilles que xa sabe o que han facer cando os seus veciños do val aparezan de novo pola contorna. É unha cousa que el chama Guerra e ocorréuselle observando o que fan as formigas ao pé dos seus montículos, na groba que circunda o refuxio.

VOLVER SUBIR
BIBLOS clube de lectores | CONTACTO | TEXTO LEGAL