O día en que choraron as Cíes, miles de persoas nos convertemos en panos de man para enxugar as súas bágoas.
O día en que chorou o mar, miles de persoas fomos quen de berrar “Nunca máis”.
Hoxe o noso mar e grande, segue queréndonos e segue coidando de nós.
Velaquí un libro que trata de amor, dese amor que moitos e moitas lle demostraron ao mar cando estaba estragado pola negrura e a escuridade.
Velaquí os testemuños de homes e mulleres que, coas súas mans e o seu alento, foron capaces de defender o que era noso.
Oxalá nestas páxinas atopedes eses recordos de loita, de bravura e mesmo de sacrificio que os galegos e galegas experimentamos naqueles días.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.